Solicitou varias melloras para o Concello
O alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar, acudiu onte á delegación de Política Territorial na Coruña para solicitarlle ao responsable provincial, Alberto González, as necesidades do municipio en
materia viaria. O encontro desenvolveuse nun ambiente
cordial e podemos calificalo de
fructífero para o Concello. O delegado comprometeuse a realizar melloras na travesía de
Ponteceso que consiste en renovar os conductos das augas pluviales e as beirarrúas nun tramo duns 150 metros. Tamén se estudará a posibilidade de acometer no vindeiro ano melloras en travesías de Tella, Anllóns, Xornes, Corme-Aldea e O Couto.