Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso será unha das catro sedes galegas do programa da Universidade de Santiago ?A USC camiña?

? As xornadas de achegamento á universidade celebraranse os días 17 e 18 de marzo no polideportivo de Ponteceso
? O programa inclúe exposicións, mesas redondas, unha área de deportes e xogos, outra de obradoiros e investigación e 11 stands con información sobre titulacións e servizos da USC

Exposicións, mesas redondas, xogos, deportes, obradoiros, investigación e 11 stands con información sobre titulacións e servizos da USC encherán os días 17 e 18 o polideportivo de Ponteceso, porque, grazas ás xestións realizadas pola concelleira de Educación, Maite Chouciño, e o colectivo Ponteceso Cultura Permanente, o noso concello vai ser unha das catro sedes galegas do programa ?A USC camiña?, unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela que trata de achegar a institución académica á mocidade e de tender pontes entre o estudantado de ensino medio e a USC para informalo e orientalo á hora de elixir os estudos que mellor se adapten ás súas preferencias.

?A USC camiña? propón dúas xornadas cheas de actividades: o día 17, de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e o 18, de 09:30 a 14:00 horas, os mozos e mozas de toda a provincia poderán achegarse ás catro áreas nas que estará distribuído o espazo: escenario principal, onde se realizarán exposicións curtas e mesas redondas; área de deportes e xogos, onde poderán interactuar, dirixidos por monitores da USC; área de obradoiros e investigación, na que poderán colaborar na realización de actividades e talleres relacionados con distintas titulacións e a investigación, e 11 stands con información sobre titulacións de Ciencias da Saúde, Ciencias, Arte e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, así como sobre distintos servizos da USC (oficina de información universitaria, cultura, residencias ou voluntariado, entre outros).

PROGRAMACIÓN DETALLADA
Programación Escenario
Martes, día 17 de marzo:

-10:00-10:30 Presentación xeral da USC
-10:30-10:45 O Sistema de Residencias Universitarias
Antonio Delgado Suárez
-10:45-11:00 Voluntariado e sostibilidade
Javier Agrafojo Fernández
-11:00-11:15 A USC e as linguas
-11:15-12:00 A vida universitaria
Mesa redonda con estudantes da USC
-12:00-12:30 Inauguración Oficial
Reitor da USC e alcaldes dos concellos da contorna. Está prevista a asistencia
dos rexedores de Arteixo, Carballo, Coristanco, Malpica, Camariñas, Vimianzo, Zas, Cabana, Laxe e A Laracha.
-17:30-19:00 A USC, universidade emprendedora
CONVERSAS: persoas que emprenderon con base na formación que-recibiron na Universidade de Santiago de Compostela
-19:00-20:00 Conferencia: "Pondal hoxe"
Ponente: Luis M. García Soto (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela)

Mércores, día 18 de marzo:
-10:00-10:30 Presentación xeral da USC
-10:30-10:45 O Sistema de Residencias Universitarias
Antonio Delgado Suárez
-10:45-11:00 Voluntariado e sostibilidade
Javier Agrafojo Fernández
-11:00-11:15 A USC e as linguas
-11:15-12:00 A vida universitaria
Mesa redonda con estudantes da USC
-13:30-14:00 Acto de clausura

Área de Deportes e xogos (martes e mércores):
Levaranse a cabo as actividades do programa da Área de Deportes da USC ?A chave de cristal?:
? Xogos de equilibrio
? Dixit
? Blokus
? Xogo de Timeline ou Cronoloxía
? Solitario inglés
? Mancala
? Maxia matemática e Doble
? Reversi
? Xadrez

Área de Obradoiros e Investigación
Martes, día 17 de marzo de 9:30 a 14:00

1) ?Crea un modelo 3D con teléfono intelixente/tablet e Scann3D? (EPS ? Lugo)
Juan Ortiz Sanz
2) ?Equipa e programa o teu propio robot móbil!? (EPS ? Lugo)
Roberto Iglesias Rodríguez
3) ?Deseña a paisaxe da túa contorna? (EPS ? Lugo)
Tomás S. Cuesta García
4) ?Constrúe e racha a túa ponte? (EPS ? Lugo)
Carlos Nuñez Temes
5) ?A física é luz?
6) ?Demostración de fluidización?
7) ?Conservación da enerxía en fluxo de fluídos?
8) ?Avaliando a túa visión? (Facultade de Óptica e Optometría ? Santiago)
9) Cartografía LingüísTICa da nosa paisaxe e das nosas biografías.
10) "Canta proteína ten o leite?"
11) "Como se consegue auga potable"

Martes, día 17 de marzo de 16:00 a 17:30h.
1) ?Equipa e programa o teu propio robot móbil!? (EPS ? Lugo)
Efrén Arias Jordán
2) ?Deseña a paisaxe da túa contorna? (EPS ? Lugo)
Tomás S. Cuesta García
3) ?Avaliando a túa visión? (Esc. Óptica e Optometría ? Santiago)

Mércores, día 18 de marzo de 9:30 a 14:00
1) Como e onde se ocultan os inimigos dos cultivos?
Cristina Cabaleiro Sobrino
2) ?Microenxerto in vivo de castiñeiro?
Juan Luís Fernández Lorenzo
3) ?Equipa e programa o teu propio robot móbil!?
Efrén Arias Jordán
4) ?Constrúe e racha a túa ponte?
Carlos Nuñez Temes
5) ?A física é luz?
6) ?Demostración de fluidización?
7) ?Conservación da enerxía en fluxo de fluídos?
8) Recursos lingüísticos en Galego
10) "Canta proteína ten o leite?"
11) "Como se consegue auga potable"

Aquí tes a información detallada e o formulario de inscrición.

Concello de Ponteceso