Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Este luns arrinca unha nova campaña de recollida a domicilio de aceites usados de cociña

Os envases deberán depositarse no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles

A Área de Medio Ambiente do Concello de Ponteceso volverá a poñer en marcha o servizo de reciclaxe e recollida a domicilio de aceite vexetal usado de cociña. A empresa Collecting Oil, encargada da retirada dos envases, iniciará este luns un novo percorrido por todo o municipio para recoller os máis de 2.000 botes de almacenaxe distribuídos entre a veciñanza, unha cifra que, sen dúbida, pon de manifesto a preocupación e o compromiso da cidadanía coa nosa contorna.

Do 11 de maio ao 1 de xuño, persoal debidamente uniformado e en vehículos rotulados, procederá á retirada dos recipientes para baleirar. Os botes deben deixarse no exterior das vivendas, en lugares visibles e accesibles, para que os operarios poidan realizar o seu traballo con normalidade e sen dificultades. Desde o Concello de Ponteceso e desde a concesionaria agradecemos de antemán a colaboración cidadá para garantir o correcto funcionamento do servizo, especialmente nestes momentos.

As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.

E se o que queres é saber os itinerarios que se van realizar cada día, toma nota do calendario previsto para todo o mes e permanece atento/a ás nosas redes sociais porque as rutas son orientativas e, polo tanto, susceptibles de posibles cambios.

-LUNS 11 DE MAIO: Estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, O Couto, Cospindo, A Brixería, Currás, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e Corme Aldea.
-MARTES 12: Corme Aldea, Froxán, O Picoto, Corme Porto (R/Vila de García, Paseo Marítmo, Estrada Ponteceso, R/ Río de Arriba.
-MÉRCORES 13: Corme Porto (estrada Roncudo, Arnela, Barrio Campo, Real, Nova, Travesía Nova).
-XOVES 14: Corme Porto (R/Nova, Paxariñas, Barrio Regadiños, Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, Condes, Carral, Paseo Marítimo.
-VENRES 15: Corme Porto (Coroto, Xeneral Mourelle, Sol, Paseo Marino, AV Mariña, Barrio Remedios, Hortas, Crego, Fontiñas, Real, Praza do Pan).
-LUNS 18: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/Cruceiro, Concello, Cuartel, Aduana.
-MARTES 19: Praza Relleno, Paseo Fluvial, Av. Eduardo Pondal, Av. Anllóns
-MÉRCORES 20: Av. Anllóns, Barrio Xungal, R/Teresa Mosqueira Manso, Eduardo Blanco Amor, Campo da Feira, Vereda, A Trabe
-XOVES 21: Av. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella, Tella.
-VENRES 22: Aldea Tella, Anllóns, A Garga, R/ Cuñarros.
-LUNS 25: A Gándara, Os Seixos, O Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso, O Rieiro.
-MARTES 26: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón.
-MÉRCORES 27: A Ponte Dona, Xornes, Pazos.
-XOVES 28: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa.
-VENRES 29: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores, O Castro.
-LUNS 1 DE XUÑO: O Rueiro, Os Ánxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.

Concello de Ponteceso