Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Concello e Asociación de Empresarios unen forzas para potenciar e dinamizar o comercio local

Arrinca unha campaña en Facebook na que poderás gañar vales de compra por 100 e 50 euros

O Concello de Ponteceso e o comercio local convidámoste a mercar nos establecementos de proximidade e a compartir as túas compras. Envíanos unha foto comprando en calquera dos locais participantes e poderás gañar vales de compra por 100 ou 50 euros coa colaboración da Asociación Empresarios Ponteceso, Cabana e Laxe!

-Envíanos a foto e os teus datos ao teléfono 630 907 124.
- Publicarémola na nosa páxina de Facebook e se está entre as 3 con máis gústame gañarás un dos vales da Asociación de Empresarios.
-Tes de prazo ata o sábado 23 de maio ás 20:00 horas

Bule!

Concello de Ponteceso