Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso abre un prazo de preinscrición para os campamentos estivais de conciliación

A Concellería de Servizos Sociais organizará a actividade en función do número de familias interesadas

O Concello de Ponteceso abrirá este luns 22 un prazo de preinscrición para os campamentos de conciliación que organiza cada verán a Concellería de Servizos Sociais coa finalidade de axudar ás familias a compaxinar o seu traballo co coidado dos fillos/as durante a temporada estival, e de ofrecer aos máis cativos/as unha ampla oferta lúdica e recreativa na que o xogo e a aprendizaxe estean presentes a partes iguais.

Este ano, dada a situación sanitaria provocada pola COVID-19, a organización das actividades realizarase en función do número de familias interesadas, polo que poñemos á súa disposición os números de teléfono 881983045, 604081426 e 98171400 para que poidan realizar a preinscrición entre o luns 22 e o martes 23 chamando entre as 09:00 e as 14:00 horas.

Os campamentos van destinados a familias empadroadas no noso concello e nas que resulte precisa a conciliación por motivos laborais dos pais. Con esta finalidade, as actividades desenvolveranse de 09:30 a 13:30 horas. As prazas dispoñibles asignaranse por criterios de prioridade. En principio está previsto crear grupos reducidos en distintos edificios públicos.

Concello de Ponteceso