Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Escola Infantil de Ponteceso permanecerá pechada durante o mes de agosto

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime
interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de
Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de Ponteceso
permanecerá pechada durante o mes de agosto.

As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de
novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de
setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede
electrónica ou no Rexistro do
Concello sito na rúa Concello, 18
en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das
Administracións Públicas.

O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2020
(artigo 20.3 RRI).

Os impresos para a formalización da preinscrición así como a
documentación que debe achegarse están dispoñibles nos
enderezos electrónicos.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso