Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Nota informativa: actualización de casos de covid-19 no Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso non ten constancia de cambios en Corme e Cores. En canto a novos positivos, detectouse 1 en Pazos, 6 na Graña (5 deles nun domicilio, e o outro estaba fóra do concello cando llo detectaron e pasa a corentena nun domicilio fóra da localidade), e 4 en Ponteceso centro (1 na Trabe e 3 na Ponte).
O Concello non posúe datos sobre altas dos anteriores positivos, de momento. Ademais, contabilízase o pasamento dunha persoa a fin de semana. Desde o Concello trasládanse as máis sinceras condolencias para os familiares.
Desde o Concello de Ponteceso, deséxase a todas as persoas afectadas pronta recuperación, e facilítase como teléfono de contacto o 981 714 000.
Confiemos no noso sistema sanitario, sobre todo na Atención Primaria. Apoio total ao persoal sanitario.

Concello de Ponteceso