Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Actualización medidas covid-19

A Xerencia da Área Sanitaria da Coruña-Cee, na reunión semanal dos mércores, acordou ampliar a Ponteceso as medidas que xa son de aplicación en A Laracha e Carballo. Hoxe ten que saír no DOG esa resolución. Mentres tanto, podemos ver neste decreto cales son as medidas, que se manterán alomenos por unha semana. O número de casos activos hoxe en Ponteceso é de 28.

Medidas con respecto aos concellos de Carballo e A Laracha, como restricións respecto ao tamaño dos grupos, e establecer un máximo de 10 persoas para grupos non conviventes, limitacións de capacidade en establecementos comerciais, hostalaría e restauración, limitacións para a celebración de eventos e restricións respecto a festas, verbenas ou actuacións.

- Limitaranse os grupos de persoas non convivintes a un máximo de 10 persoas.

- Esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais e administrativas, actividades en centros educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

- Recoméndase ás persoas de risco que eviten a súa actividade diaria nas saídas de horas de previsible afluencia ou concentración de persoas.

- Acórdase o peche das actividades de festas, verbenas e otros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

- A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido e cun máximo de 10 persoas por grupo.

- As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de 10 persoas, incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal.

- Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 50% da súa capacidade para consumo no interior do local.

- O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes.

- Non está permitido o consumo na barra.

- As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao 50%.

- A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas.

- Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

Consulta o decreto para ver as medidas completas.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso