Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Comezan as actuacións de mantemento do dominio público hidráulico no rego dos Pulpos de Ponteceso

O alcalde do municipio agradeceu a limpeza do río e solicitou a Augas de Galicia a limpeza dos regos do Xuncal

Onte, luns 23 de novembro, comezaron as labores de mantemento do dominio público hidráulico no rego dos Pulpos, en Corme-Porto, como parte dos traballos de conservación que está a realizar Augas de Galicia.

As actuacións de mantemento consistirán fundamentalmente na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así coma madeira morta, ademais dun desbroce selectivo, no ancho da canle, en tramos ocultos por maleza, nun tramo de aproximadamente 530 metros de lonxitude.

Ademais, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, solicitou a Augas de Galicia a limpeza dos Regos do Xuncal, que pasan polo entro de Ponteceso. “Agradecemos a limpeza levada a cabo por Augas de Galicia do río de Arriba en Corme, e solicitamos a limpeza dos Regos do Xuncal de Ponteceso”, afirmou o dirixente pontecesán.

Varias incidencias nas canles están a dificultar a dinámica fluvial nestes regos, polo que é precisa unha actuación de limpeza e conservación para evitar un risco potencial de inundación. Debido a isto, desde o Concello solicitouse o envío por parte de Augas de Galicia dunha brigada de traballadores para proceder á retirada e limpeza das árbores, a maleza e os matorrais nos terreos polos que transitan os Regos das Bouzas e os Regos de Ponteceso.

Concello de Ponteceso