Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O alcalde de Ponteceso e a concelleira Noelia González visitaron as obras de Tella co deputado provincial José Manuel Lage Tuñas

A visita incluíu as obras de ampliación do acceso a Tella e o parque empresarial, onde se construirán cinco naves

O deputado provincial José Manuel Lage Tuñas visitou en compañía do alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e da concelleira Noelia González, as obras de ampliación do acceso a Tella, do Petón aos Seixos.

O deputado aproveitou tamén a súa presenza en Tella para visitar, en compañía de representantes da empresa adxudicataria, os terreos do parque empresarial onde se van construír cinco naves para aluguer con opción a compra.

Posteriormente, acompañados do presidente da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Tella, José Ramón Pombo, acudiron a unha reunión no edificio empresarial, onde se falou do desenvolvemento importante que se está levando a cabo no polígono de Tella. Lage Tuñas aproveitou para amosar o apoio da Deputación Provincial ás iniciativas que está levando a cabo o Concello de Ponteceso para o desenvolvemento do municipio.

O Concello de Ponteceso acaba de adxudicar outras dúas obras provinciais, que comezarán no mes de xaneiro. A empresa D Ogando levará a cabo melloras en Tella e Langueirón, e a empresa Construcións Lopez Cao será a encargada de executar os proxectos de NIñóns e Pazos de arriba.

Concello de Ponteceso