Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Collecting Oil recollerá os residuos urbanos especiais a partir deste mes de xaneiro

Estes residuos recolleranse o día indicado na pegatina que a empresa sitúa nos botes de aceite ou nos buzóns dos domicilios

A partir deste mes de xaneiro, a empresa Collecting Oil recollerán tamén os residuos urbanos especiais (R.U.E).

Estes residuos son aceite de cociña usado, graxas e mantecas, pilas e baterías, bombillas, electromésticos e electrónicos de menos de 50 centímetros, consumibles de impresoras e residuos metálicos pequenos. Tamén se recollerán residuos téxtiles e roupa, tanto en bo estado como en mal estado; só se solicita que estean limpos.

Estes residuos recolleranse o día indicado na pegatina que a empresa sitúa nos botes de aceite ou nos buzóns dos domicilios. O día da recollida, os R.U.E. deberanse deixar nun lugar accesible á empresa, antes das 9:00 horas.

Pódese contactar coa empresa a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com.

Concello de Ponteceso