Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Xunta de Galicia adianta o toque de queda ás 22:00 horas

A hostalería de Ponteceso deberá pechar ás 18:00 e o comercio só poderá abrir ata as 21:30 horas

O presidente da Xunta de Galicia vén de anunciar as novas restricións establecidas polo Comité Clínico para frear a nova vaga de casos de COVID-19 na Comunidade Autónoma.

Debido aos preocupantes datos de incidencia do virus, a Xunta decidiu que a partir das 00:00 horas da madrugada do xoves ao venres, como norma xeral TODOS OS CONCELLOS DE GALICIA (agás os concellos específicos que se atopan en nivel alto) pasan a atoparse no nivel medio-alto do protocolo, coas medidas que isto implica.

As reunións sociais serán dun máximo de 4 persoas, e a hostalería deberá pechar ás 18:00 horas, cun 30% de aforo no interior e un 50% en terrazas. Permítese a entrega a domicilio.

Os comercios terán un aforo do 50%, así como as actividades deportivas non federadas, que poderán levarse a cabo en grupos dun máximo de 4 persoas. O aforo de cines, teatros e auditorios será de 250 persoas en espazos pechados e 500 ao aire libre, sempre sentados. Os centros recreativos turísticos terán aforos ao 50%, e só se permitirá un acompañante por persoa nos hospitais.

Ademais, recoméndase realizar tan só actividades imprescindibles (atención médica, actividades educativas, traballo, coidado de menores e maiores, comercio para enseres indispensables), e evitar as reunións con no conviventes a partir da hora de peche da hostalería.


Ademais, adiántase a restrición da mobilidade nocturna ás 22:00 horas, polo que o comercio debe pechar ás 21:30 horas, e mantense o peche perimetral da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que NON se pechan os concellos que se atopan neste nivel medio-alto, agás as cidades de Pontevedra, Vigo e Lugo.

O Concello de Ponteceso presenta hoxe entre 1 e 9 casos acumulados nos últimos 14 días, segundo os datos dispoñibles no Sergas, polo que se mantén no nivel medio-alto.

Concello de Ponteceso