Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O concurso en liña de Entroido do Concello de Ponteceso xa ten gañadores

O Concello de Ponteceso anunciou hoxe as persoas gañadoras do concurso en liña de Entroido organizado este ano. Na categoría de receitas entroideiras, a receita de "flores de Entroido recheas de crema de fresa" foi a galardoada, mentres que "as ourizas Cristina e Sesi” gañaron na categoría de disfraces.

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteceso organizou a celebración do Entroido deste 2021 con carácter online para promover a festa tradicional popular do Entroido tendo en conta as circunstancias provocadas pola pandemia do COVID-19. Por mor desta, o acto levouse a cabo a través de actividades en liña (a través da conta de Facebook municipal) dirixidas ao público en xeral.

Os vídeos e fotografías foron enviados entre o 8 e o 14 de febrero, ambos inclusive, e o luns 15 e o martes 16 de febreiro celebrouse a votación no Facebook do Concello de Ponteceso. Os premios dos gañadores e gañadoras son de 100 euros na categoría de gastronomía tradicional e 50 para os disfraces. O pagamento dos premios, outorgados a aquelas fotografías e vídeos que obtiveron máis “gústame” no Facebook municipal en cada categoría, realizarase mediante transferencia bancaria, ao titular da conta bancaria asociada ao premio, a cal deberá presentar no departamento de Cultura.

Concello de Ponteceso