Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Clasificación sanitaria final das zonas de baño do Concello de Ponteceso

A clasificación aprobada será a vixente para a tempada de baño do ano 2021

O artigo 13 do Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño indica que durante a tempada de baño todas as administracións públicas teñen a obriga de informar e difundir ao público interesado de forma activa, rápida e a través de mecanismos de fácil acceso nas inmediacións de cada zona de augas de baño, a súa clasificación sanitaria e calquera prohibición de baño ou recomendación de absterse deste mediante unha sinalización sinxela e clara.

Segundo os datos facilitados, que poden consultarse no arquivo adxunto, as zonas de baño do Concello de Ponteceso, entendendo como tales A Ermida, Arnela, Balarés, Niñóns e Osmo, a clasificación sanitaria da auga atópase no nivel "excelente". Esta clasificación será a vixente para a tempada de baño do ano 2021.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso