Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Inaugurada a exposición ao aire libre do MELGA, "Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexos"

A mostra poderase ver ata o 3 de outubro no campo exterior de xogos do Centro Cultural

O alcalde do Concello de Ponteceso, Lois García Carballido, e representantes e promotores da exposición, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), inauguraron a mostra na maná do sábado no campo exterior de xogos do Centro Cultural.
A exposición, coa que tamén colabora a Obra Social e Cultural de Subministros LAR-Cee, poderase visitar ata o 3 de outubro. Todas as persoas que se acheguen ata o Centro Cultural de Ponteceso terán a oportunidade de coñecer, a través de murais de azulexos, os xogos e deportes tradicionais.
Amais de gozar da mostra, as e os visitantes poderán participar en diversas actividades lúdicas para todas as idades e nun concurso de fotografía da mostra, así como tamén contarán con agasallos para todos os participantes.

Concello de Ponteceso