Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Nuria Ribó no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme

A xornalista catalá dará unha conferencia, “Made in USA. Cando as minorías tocan o poder", mañá mércores 4 de agosto ás 19:00

Conferencia Nuria Ribó "Made in USA. Cando as minorías tocan o poder"
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme (MACCMO), acolle mañá mércores 4 de agosto a conferencia da xornalista catalá Nuria Ribó “Made in USA. Cando as minorías tocan o poder”.
Nuria Ribó, invitada pola Fundación Torre-Pujales, é unha xornalista catalá con case 30 anos de experiencia no sector do xornalismo audiovisual. Traballou case unha década como correspondente de TVE en Nova Iorque e Londres. Amais, desenvolveu a súa labor como xornalista en medios de comunicación como Ràdio Barcelona- Cadena SER, Radio Nacional Española, COMRadio, RA1 e Catalunya Ràdio. Nesta última emisora, levou a cabo un programa diario durante as dúas últimas tempadas.
Nuria Ribó, realizou varios documentais para TVE e Canal Plus, e é autora do libro “Hillary Clinton” (1993). Actualmente, colabora co diario El Mundo, en diversas revistas mensuais, Catalunya Ràdio e, dende 1997 coa Televisión de Cataluña.

Concello de Ponteceso