Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aprazada a cuarta ruta de "Camiñar na noite"

A andaina prevista para mañá venres 6 de agosto por Pazos queda adiada

O Concello de Ponteceso informa que a cuarta ruta do programa "Camiñar na noite" queda adiada.
A andaina por Pazos prevista para este venres 6 de agosto queda aprazada. Nos vindeiros días comunicarase a nova data para que as e os participantes poidan desfrutar deste percorrido de seis quilómetros.
A seguinte andaina será o venres 13 de agosto ás 22:00, na que percorrerán Corme Porto e sairán da Praza da Ribeira.

Concello de Ponteceso