Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os nenos e nenas do Campamento Concilia participarán mañá na actividade “Conciencia Ambiental”

A Área de Turismo e Medioambiente do Concello de Ponteceso organiza esta actividade na praia de Balarés

A Área de Turismo e Medioambiente do Concello de Ponteceso organiza a actividade “Conciencia Ambiental”, que terá lugar mañá, martes 31 de agosto, de 10:00 a 13:00 horas na praia de Balarés (galardoada coa Bandeira Azul), no sistema dunar e no piñeiral.

Nesta actividade participarán os nenos e nenas do Campamento Concilia que organiza o Concello de Ponteceso, levado a cabo na Campara, Corme, Pazos e Ponteceso, en colaboración coa empresa Escola con Talento. Polo tanto, participarán nesta actividade 26 nenos e nenas de entre 7 e 11 anos.

Esta actividade estará coordinada pola bióloga Marta Nieto, persoal da Área de Turismo do Concello de Ponteceso, e polo monitorado de Escola con Talento. Un autobús recollerá ás nenas e nenos ás 09:30 horas, levaraos ata a praia de Balarés e volverá ás 13:00 horas. As persoas participantes recibirán luvas, unha gorra e un agasallo consistente nunha “Guía para descubrir o río Anllóns e a enseada da Insua”.

Concello de Ponteceso