Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Rutas e datas de recollida dos Residuos Urbanos Especiais

A empresa encargada de levar a cabo a recollida dos Residuos Urbanos Especiais (R.U.E) percorrerá os lugares e parroquias do Concello de Ponteceso para retirar os refugallos de índole especial dos domicilios. Para poder realizar a recollida correctamente é preciso que todas e todos os veciños depositen ditos residuos fóra dos domicilios e en espazos visibles e accesibles.

Información das rutas, que serán de carácter orientativas, e días da recollida porta a porta dos Residuos Urbanos Especias (R.U.E)neste mes de setembro.

* MARTES, 7/09: Corme Aldea, Froxán, O Picoto, Corme Porto (R/Vila de García, Camiño Paseo Marítmo, Carretera Ponteceso, R/ Río de Arriba).

* MÉRCORES, 8/09: Corme Porto (Estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real, R/Nova, Travesía Nova).

* XOVES, 9/09: Corme Porto (R/Nova, R/Paxariñas, Barrio Regadiños, R/Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral, Paseo Marítimo).

* VENRES, 10/09: Corme Porto (C/ Coroto, C/ Xeneral Mourelle, C/ Sol, Paseo Marino, Av. Mariña, Barrio Remedios, C/Hortas, C/Crego, C/Fontiñas, C/ Real, Praza do Pan, Barrio Fontiñas).

* LUNS, 13/09: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/ Cruceiro, R/Concello, R/ Cuartel, R/ Aduana.

* MARTES, 14/09: Praza do Recheo, R/ Paseo Fluvial, Polígono Paseo Fluvial, Av. Eduardo Pondal, Av. Anllóns.

* MÉRCORES, 15/09: Av. Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/Veda, Barrio Trabe.

* XOVES, 16/09: Av. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella, Tella.

* VENRES, 17/09: Aldea Tella, Anllóns, A Garga, R/ Cuñarros.

* LUNS, 20/09: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso, O Rieiro.

* MARTES, 21/09: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón.

* MÉRCORES, 22/09: A Ponte Dona, Xornes, Pazos.

* XOVES, 23/09: Pazos, Riotorto, Limiñoa, Os Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa.

* VENRES, 24/09: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores, O Castro.

* LUNS, 27/09: O Rueiro, Os Ánxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.

Os Residuos Urbanos Especiais son:

1. ACEITE DE COCIÑA USADO: aceite de fritura(oliva, xirasol...), de conservas...

2. GRAXAS E MANTECAS: graxa de rixóns, margarina, mantecas...

3. PILAS E BATERÍAS: pilas de botón, pilas alcalinas, pilas AAA, baterías de aparellos electrónicos (tabletas, móbiles, ordenadores), de aparellos eléctricos(taladros, atornilladoras...), de motor (coches, motos, vehículos agrícolas...)

4. BOMBILLAS: de baixo consumo, led e fluorescentes...

5. ELECTRODOMÉSTICOS E ELECTRÓNICOS PEQUENOS DO FOGAR (de tamaño inferior a 50cm):

- Eléctricos: microondas, tostador, batidoras, radios, secador, cafetera, ferramentas eléctricas (taladros, atornilladoras...)
- Electrónicos: teléfonos, tabletas, ordenadores, impresora...

6. CONSUMIBLES DE IMPRESORAS: cartuchos de tinta, tóner, tambores...

7. RESIDUO TÉXTIL E ROUPA: roupa usada, calzado, téxtil do fogar (roupa de cama, manteles, cortinas, alfombras...), restos de teas... (só se solicita que esté limpo).

8.RESTOS METÁLICOS PEQUENOS DO FOGAR: utemsilios do fogar, cazolas, tixolas, cubertos, lámpadas de metal, billas...

Para resolver calquera dúbida pódese contactar coa empresa encargada da recollida dos R.U.E a través do teléfono no 639 920 936 ou no correo electrónico info@collectingoil.com.

Concello de Ponteceso