Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As labores de instalación de fibra óptica en Corme Porto comezarán mañá

Exactamente un ano despois da reunión que mantivo o Alcalde de Ponteceso no Ministerio de Ciencia y Tecnología en Madrid, xunto co Deputado pola Coruña do PSOE Diego Taibo Monelos, a fibra óptica chega a Corme.

O interese do Alcalde na visita a Madrid era introducir na maior brevidade posible a Corme Porto, e a todos os lugares nos que falta a fibra, no Plan Español de Extensión de Banda Larga de Nueva Generación, tamén coñecido como PEBANG. Neste punto, é preciso recordar que na provincia da Coruña, o gañador dese concurso foi a empresa Telefónica.

Polo tanto, dita empresa será a encargada de comezar mañá, xoves 30 de setembro, da man do seu axente Pablo Amado, a visitar todos os lugares para levar a fibra a Corme Porto. Cómpre destacar que os usuarios non teñen que darse de alta na empresa que levará as tarefas, subvencionadas polo Ministerio, pois tan só será a encargada de ocuparse da instalación da infraestrutura necesaria.

Unha vez instalada a fibra óptica todos os veciños e veciñas poderán darse de alta para o uso dese servizo na compañía da súa elección empregando dita infraestrutura.

O Concello de Ponteceso atópase moi satisfeito de que despois das xestións realizadas e da visita ao Ministerio de Ciencia y Tecnología de forma inmediata se levará a cabo a extensión da fibra a todas as rúas de Corme Porto. O Concello traballa agora para seguir estendéndoa a todo o municipio. Dentro da vila de Corme Porto, por exemplo, a urbanización Praia do Osmo non está aínda no despegue, pero conseguirase pronto.

Agradecemos a toda a veciñanza de Corme a súa colaboración coa empresa que está instalando a fibra para que chegue canto antes a todos os fogares que así o desexen solicitando o sevizo.

Concello de Ponteceso