Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Augas de Galicia iniciará os traballos de mantemento e conservación do dominio público hidráulico do río Bouzas


O Concello de Ponteceso vén de ser informado de que Augas de Galicia realizará tarefas de conservación e mantemento do dominio público hidráulico no río Bouzas, atendendo así as peticións do Concello.

Os traballos, que se levarán a cabo no tramo interurbano do río Bouzas nos ramais ao río Ponteceso e ao Anllóns ao seu paso polas parroquias de Tella e Cospindo, consistirán na retirada árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta existente. Amais, está previsto a roza selectiva de maleza naqueles puntos susceptibles de reter material e formar atoamentos.

Dende o Concello de Ponteceso queremos mostrar o noso agradecemento a Augas de Galicia.

Concello de Ponteceso