Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os contos encherán a Biblioteca Municipal da man da compañía Trinke Trinke e MeRe Clown

Os ratiños volverán visitar a biblioteca para contar a ”Viaxe pola Galicia Encantada” este venres 8 de outubro ás 18:30

MeRe Clown descubrirá “A verdadeira historia de Hamelin” o vindeiro martes 12 de outubro ás 12:00

A Biblioteca Municipal de Ponteceso será escenario estes días de varias sesións de contacontos dirixidas aos máis pequenos e pequenas das casas.

A primeira terá lugar este venres 8 de outubro ás 18:30 na que de novo os ratiños da compañía Trinke Trinke visitarán a biblioteca para o desfrute dos nenos e nenas de Ponteceso. Con estes simpáticos animaliños, as e os participantes poderán coñecer e farán un percorrido por distintos lugares da xeografía galega.

Por outra banda, o vindeiro martes 12 de outubro ás 12:00, a Biblioteca Municipal encherase de malabares, moito humor e multitude de xogos con “A verdadeira historia de Hamelin” de MeRe Clown. Trátase dunha adaptación circense do clásico conto do frautista de Hamelin, na que MeRe Clown captará a atención e implicará aos nenos e nenas do Concello de Ponteceso.

Para poder participar en calquera das dúas actividades é preciso inscribirse no 659 431 242 , posto que o aforo é limitado.

Concello de Ponteceso