Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Unha ponte do Pilar cunha ampla oferta de actividades culturais e musicais en Ponteceso

Este venres 8 de outubro deu comezo o programa na Biblioteca Municipal coa sesión de contacontos “Viaxe pola Galicia encantada” da compañía Trinke Trinke

A Biblioteca Municipal de Ponteceso foi a encargada de abrir a programación cultural e musical da festividade da ponte do Pilar, na xornada de onte coa sesión de contacontos da man de Trinke Trinke. Coas simpáticas personaxes creadas pola compañía de teatro, as e os participantes nesta actividades puideron descubrir os lugares e recunchos máis fermosos de Galicia.
O Concello de Ponteceso ofrece para esta festividade da ponte do Pilar unha ampla variedade de actividades culturais e musicais, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística, a Fundación Eduardo Pondal e Xunta de Galicia, así como LB Producciones organizador da I Festa en apoio á verbena galega que acolle o Concello de Ponteceso.
Amais das actividades estipuladas, os museos do concello, O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme e o Museo Etnolúdico de Ponteceso MELGA, estarán abertos ao público os días festivos, sábados e domingos en horario de mañá.

Contacontos na Biblioteca Municipal de Ponteceso

Logo de que os ratiños de Trinke Trinke visitaran de novo a nosa localidade cunha “Viaxe pola Galicia encantada”, o martes o martes 12 de outubro ás 12:00, MeRe Clown coa “A verdadeira historia de Hamelin”, será o encargado de levar a cabo a segunda sesión de contacontos na Biblioteca Municipal de Ponteceso. Trátase dunha adaptación circense do clásico conto do frautista de Hamelin, que chamará a atención e fará partícipes aos máis pequenos a través dos malabares, os xogos e o humor.

Para poder participar en calquera das dúas actividades é preciso inscribirse no 659 431 242, posto que o aforo é limitado.

Fundación Eduardo Pondal
Tamén nesta festividade da ponte do Pilar, a Fundación Eduardo Pondal levará a cabo varias das actividades coa colaboración do Concello de Ponteceso.
O domingo 10 de outubro a partir das 17:00 horas terá lugar a actuación de A Tajea de Outes na propia sede da fundación, para logo dar paso, no marco da II Semana pondaliana, o vindeiro martes de 12 de outubro (a partir das 17:00) a diversas actuacións musicais de artistas nacionais e internacionais. Músicos e cantantes da talle de Salvador Amor, Raquel Lúa, Caamaño & Ameixeiras, Adhara & Ritman e Adrian Timms serán os que conformarán o cartel musical para ese día. As actuacións levaranse a cabo no Campo da Feira.
Amais da música, o luns 11 de outubro ás 17:00 horas a adestradora emocional e da risa, Baia Fernández, será quen de ensinarnos a sorrir, pois “A risa, a mellor menciña” para todos e todo. Esta actividade tamén se levará a cabo na sede da fundación.

I Festa en apoio á verbena
Organizado por LB Producciones, o Concello de Ponteceso acollerá estes días unha serie de actuacións musicais que comezará na xornada de hoxe, sábado 9 de outubro a partir das 21:.00 horas coa disco móbil Impacto e e o Grupo La Bamba. Amais das actuacións programadas, os que se acheguen ata o Campo da Feira poderán atopar unha taberna no que poder degustar polbo e churrasco dende este mesmo sábado ata o vindeiro martes 12 de outubro.
Programa da I Festa en apoio á verbena:
• 9 de outubro ás 21:00 h: Disco móbil Impacto e Grupo La Bamba.
• 10 de outubro ás 14:00 h Macrosesión vermú con Dúo Cuarentena.
• 11 de outubro ás 21:00 h "Día da Xuventude" coa disco móbil Impacto e La Favorita.
• 12 de outubro ás 14:00 Macrosesión vermú con Urakán e Laura Añón.

Concello de Ponteceso