Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Feira das Fabas non se celebrará ao non darse aínda as condicións sanitarias idóneas para acoller este evento multitudinario

Feira das FabasO Concello de Ponteceso informa da decisión de non celebrar a xa tradicional Feira das Fabas que se ven festexando o último fin de semana do mes de outubro dende que se recuperase esta tradición no ano 1990.
O goberno municipal toma esta determinación posto que non sería posible garantir o cumprimento das medidas sanitarias necesarias, como é o caso da distancia interpersoal. Amais, é preciso lembrar que se trata dun evento gastronómico, a Feira das Fabas, o cal congrega a máis de mil persoas que estarían degustando este produto, e polo tanto tamén supón a retirada da máscara mentres se estivese consumindo os pratos. Ante esta situación, e tendo en conta que polo de agora non se están a dar as condicións sanitarias idóneas, lamentablemente a edición deste ano 2021 non se levará a cabo. Agradecemos coma sempre a boa disposición dos nosos cociñeiros Josefa, Manolo e Pablo da Pesqueira.
Con todo, dende o Concello de Ponteceso animamos a todos os locais de restauración e hostalería a elaborar pratos con fabas neses días para que as veciñas e veciños, así como todos aqueles que visitan a nosa localidade, poidan degustar este produto pontecesán.
Tamén informamos que para eses días o Concello de Ponteceso levará a cabo varias actividades alternativas á Feira das Fabas que serán anunciadas en breve.

Concello de Ponteceso