Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aforo completo na segunda función do Ciclo de Teatro de Ponteceso

A obra “Mofa e Befa: dúas pedras no camiño” fixeron as delicias do público

A partir do martes, 16 de novembro, xa se poden reservar as entradas para a representación de “A lingua das bolboretas” de Sarabela Teatro


Este sábado, 13 de novembro, o salón de actos do Edificio das Escolas do Concello de Ponteceso colgou o cartel de aforo completo para a segunda función do XXVIII Ciclo de Teatro.

A obra da Compañía Producións Teatrais Excéntricas, “Mofa e Befa: Dúas pedras no camiño” fixeron as delicias do público. Moito humor e moita comedia neste espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público. Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo foron quen de facer gozar aos asistentes á función, de 90 minutos de pura diversión e entretemento.

A próxima representación do Ciclo de Teatro de Ponteceso será o vindeiro sábado, 20 de novembro ás 22:30 horas, coa obra “A lingua das bolboretas” da compañía Sarabela Teatro. Para asistir á representación é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (630 907 124) na mesma semana en que se representará o espectáculo, a partir do martes 16 de novembro, ou unha hora antes da función.

Concello de Ponteceso