Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para solicitar as autorizacións para os servizos de tempada que pretendan prestarse nas praias de Ponteceso no 2022

As persoas interesadas teñen ata o próximo día 27 de xaneiro para formalizar a solicitude

Ponteceso, a 23 de decembro do 2021
O Boletín Oficial do Estado publicou este martes o anuncio da Demarcación de Costas de Galicia polo que se abre o prazo para solicitar as autorizacións para os servizos de tempada que pretendan prestarse en terreos de dominio público marítimo-terrestre situados en Ponteceso, correspondentes ao próximo ano, 2022. Isto é, para instalacións do tipo de quioscos expendedores de bebidas, hidropedais, hamacas, terrazas..., así como de servizos de formación e ensinanza das modalidades deportivas de surf, bodyboard, longboard e pádel surf en praias. No pasado verán houbo dúas instalacións deste tipo en Corme e Ponteceso.
Os interesados teñen ata o día 27 do próximo mes de xaneiro, inclusive, para formalizar a petición. No caso particular de terrazas sobre paseos marítimos vinculadas a establecementos permanentes, as solicitudes poderán presentarse ata o último día do segundo mes anterior ao que se pretenda iniciar a actividade. Se ese día fose inhábil, poderán facelo ata o primeiro día hábil do mes anterior ao que se pretenda iniciar a actividade.
As persoas físicas e xurídicas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello ou na forma prevista no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, empregando para elo o modelo normalizado de solicitude dispoñible nas oficinas municipais e na Demarcación de Costas. Non serán admitidas a trámite as peticións que sexan presentadas fóra dos prazos establecidos en cada caso, resolvéndose a inadmisión das mesmas, que será notificada ás persoas interesadas.
A autorización que outorgue a Demarcación en ningún caso exime da obrigatoriedade de obter, con carácter previo á montaxe das instalacións ou á iniciación da actividade, cantos títulos ou licencias se precisen de outros organismos ou administracións públicas competentes, ou, no seu caso, de cumprimentar os trámites por eles establecidos para outras modalidades de intervención e control.
A información sobre os períodos autorizables, taxas aplicables, fianzas, distancias, superficies e resto de condicións aplicables, inclusive a documentación que deberá acompañarse á solicitude, poderá obterse, ademais de no Concello, nas oficinas da Demarcación de Costas de Galicia (C/San Pedro de Mezonzo 2 baixo, esquina Avenida de Finisterre, A Coruña) con cita previa concertada, debido ós protocolos de seguridade e saúde implantados a causa da pandemia covid-19; por teléfono (981303899), ou tras solicitarse por correo electrónico enviado á dirección bzn-costasacoruna@miteco.es.
Adxúntase o modelo de solicitude a presentar, así como as bases da convocatoria.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso