Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A escola infantil A Galiña Azul de Ponteceso conta con 7 prazas libres nas aulas de 0 a 3 anos

A escola infantil A Galiña Azul de Ponteceso ten dispoñibles 7 prazas para nenas e nenos de entre 0 e 3 anos. As familias interesadas deben contactar a través do novo número de teléfono 981 714 199.

Prazas libres

Neste momento a aula de 0 a 1 anos ten unha praza libre, mentres que na de 1 a 2 aínda están vacantes dúas. Unha dispoñibilidade que no caso da aula de 2 a 3 anos chega a catro prazas.

Por outra banda os citados cursos de 0 a 3 anos contan con 3 prazas para dar resposta a posibles casos de emerxencia social, unha por cada aula.


Concello de Ponteceso