Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O concello de Ponteceso oferta 60 prazas gratuítas para o campamento de conciliación de verán

A actividade desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en
horario de mañá

Todos os nenos e nenas empadroados en Ponteceso e nacidos entre o ano
2010 e 2018 poderán optar a unha das 60 prazas que oferta o concello
para o campamento de conciliación. Esta actividade está incluída dentro
do programa Respira Verán 2022 e busca axudarlle ás familias a que
poidan conciliar a vida laboral e familiar dunha forma máis doada.
O campamento terá un horario de 09.30h a 13.30h de luns a venres
durante os meses de xullo e agosto. A prazo para inscribirse ábrese o
vindeiro luns, 20 de xuño, e pecharase o luns 27. Só hai 60 prazas e iranse
cubrindo por orde de inscrición para familias que acrediten a necesidade
de conciliación e cumpran os requisitos de renda familiar.
Para máis información poden chamar á educadora familiar no teléfono
881 983 223.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso