Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso implanta un novo sistema de apertura da pista de pádel para que os usuarios poidan reservala en calquera momento do día incluso festivos.


Ponteceso, a 15 de xullo de 2022
Os cidadáns deben descargar a aplicación App Nearkey e dende o departamento de Deportes activase unha chave electrónica para que o usuario solicitante poida acceder á pista de pádel.

A solicitude para facer uso da pista de pádel pode ser:
- enviar a solicitude en pdf asinada ao correo: pontecesodeportes@gmail.com - presencialmente, no Concello.
Un usuario na mesma solicitude pode pedir dous horarios distintos, se os dous horarios coinciden en fin de semana, deberá proporcionarnos dous correos electrónicos diferentes.
O solicitante é o responsable da apertura e peche da instalación.
As solicitudes tramitaranse de luns a venres en horario laboral.
Se teñen calquera dúbida chamen ao teléfono 616485520


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso