Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso abre o proceso de licitación pública das obras de mellora das depuradoras de Ponteceso e de Pazos.

Un dos maiores obxectivos que ten o consistorio e mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ponteceso. Garantir o correcto funcionamento dunha EDAR é de gran importancia para evitar que a contaminación das augas residuais poidan provocar o deterioro no medio ambiente que a rodea.
Para mellorar a rede de saneamento o concello abre o proceso de licitación do proxecto proxecto para eliminar os malos olores da depuradora de Ponteceso e para mellorar o proceso de depuración da depuradora de Pazos por un importe de 42.000€.
As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 22 de agosto.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso