Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso presenta a programación de actividades para o Nadal 2022/2023

O Concello de Ponteceso presenta as actividades programadas para a celebración das festividades de Nadal deste ano.
O próximo luns 19 de decembro, ás 12:30, A coral Brisas do Mar de Corme dará un concerto de Nadal ao alumnado das Forcadas.
O 22 de decembro, A coral Oliveira do Monte Branco deleitará á familia educativa do Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro cun concerto de panxoliñas, ás 10.30 h, no local do Monte Branco.
Papá Noel visitará Ponteceso o venres, día 23 de decembro, e comezará facendo un percorrido por todas as parroquias de Ponteceso en coche eléctrico
Despois todos os nenos e nenas da vila poderán asistir á recepción de Papá Noel , que se levará a cabo na Biblioteca Municipal de Ponteceso dende as 18.00 horas.

O 5 de xaneiro, celebrarase a cabalgata dos Reis Magos polas parroquias de Ponteceso
Ademais, as Súas Maxestades os Reis Magos enviarán cartas a todos os nenos e nenas, e as Escolas Municipais de Danza e Arte e Teatro felicitarán as festas.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso