Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso lanza o curso “Mellora a túa horta”

A actividade desenvolverase en dúas quendas a primeira do 13 ao 17 de marzo e a segunda do 20 ao 25 de marzo

A actividade desenvolverase nas instalacións do Edificio das Escolas
O Concello de Ponteceso abre hoxe o prazo para inscribirse no curso “Mellora a túa horta”. Mediante esta iniciativa, o Concello, ofrece formación práctica para mellorar o coñecemento, seguridade e produtividade da utilización de hortas a nivel non profesional. O curso é presencial, ten unha duración de 15 horas en dous grupos e desenvolveranse en dúas quendas a primeira o día 13 ata o 17 de marzo e a segunda do 20 ao 25 de marzo, no Edificio das Escolas de Ponteceso. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao Concello de Ponteceso no 981 714 000 de 9.00 a 14.00 horas ou enviando un WhatsApp ao 665328775.

Concello de Ponteceso