Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso engade outros 8000 libros á biblioteca dixital con OdiloApp da man da biblioteca da Deputación da Coruña, e promocionará o servizo de alta no libro dixital con diversas actuacións da compañía Trinke Trinke

Os ratiños volverán visitar a biblioteca tres xoves do mes de abril para
contar ”Paxariños ” o día 13, un “Invento para chegar ao Ceo” o 20 e
“Unhas Botas Misteriosas” o 27, adicando ao libro dixital o mes do libro

O Concello a través do seu servizo de alta na biblioteca dixital engade
outros 8000 títulos ao servizo de biblioteca dixital a través da app
gratuíta OdiloApp dispoñible para IOS e Android, da man da biblioteca
dixital da Deputación da Coruña. Acudindo á biblioteca do Concello de
Ponteceso en poucos días poderán acceder ao préstamo doutros 8000
libros. O Alcalde anunciou a novidade “a aplicación Odilo é
complementaria á aplicación eBiblio, con máis de 8000 títulos a
primeira, e máis de 9000 a segunda, con só acudir cun dispositivo e un
correo á biblioteca de Ponteceso de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a
19.30 horas os luns, mércores e venres.”
En concreto , son 8057 libros electrónicos, ademais doutros documentos
de préstamo como audiolibros e revistas. Ler Conta Moito, GaliciaLe,
eBiblio e agora eBibliodacoruna son servizos de biblioteca dixital que o
Concello quere dar a coñecer e axudar a usar aos usuarios e usuarias non
expertas, con estas actividades de dinamización.

Como actividade e para atraer os máis cativos e cativas ao recurso, coa
colaboración da Xunta e a Deputación da Coruña, a Biblioteca Municipal
de Ponteceso será escenario de varias sesións de contacontos dirixidas
aos máis pequenos e pequenas da vila para conmemorar o mes do libro.
A primeira terá lugar o 13 de abril ás 18:30 na que de novo os ratiños da
compañía Trinke Trinke visitarán a biblioteca para o desfrute dos nenos
e nenas de Ponteceso. Con estes simpáticos animaliños, as e os
participantes poderán coñecer, a través de varios contos, como nacen os
paxariños e cales son os preparativos para recibilos da mellor maneira.
Pero esa non será a única vez que visiten Ponteceso xa que agardan dúas
citas máis os xoves 20 e 27 de abril ás 18.30 con dúas representacións da
mesma compañía coas obras “Un invento para Chegar ao Ceo” e “Unhas
Botas Misteriosas” respectivamente.
Todas as actuacións son de balde.

Concello de Ponteceso