Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Continúan as andainas nocturnas co programa “Camiñar na noite”

Tras o éxito das pasadas saídas nocturnas de Anllóns – Tella e de Corme, continúan os paseos de “Camiñar na noite” que terán lugar todos os venres de xullo e agosto comezando sempre ás 21.30 horas.

Para participar, precisas traer contigo unha lanterna e un chaleco reflectante. Cómpre tamén realizar a inscripción previa que se pode formalizar presencialmente no rexistro xeral Concello de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas ou ben na sede electrónica. De cubrirse todas as prazas disponibles, terán preferencia as persoas empadronadas no Concello.

Trátase de rutas sinxelas, duns seis kilómetros de lonxitude, na que pode participar toda a familia e na que os menores deberán estar acompañados por unha persoa maior de 18 anos.

As vindeiras saídas temáticas serán:

21 de xullo: Pazos (Contos e lendas)
28 de xullo: Corme Porto (Música)
4 de agosto: Xornes (Danza, baile e música)
11 de agosto: Brantuas – Niñóns (Perseidas)
18 de agosto: Cospindo (Música)
25 de agosto: Cores – Nemeño (Xogos populares)

Como novidade, realizaranse as mesmas rutas as 08.00 horas baixo o lema “Camiñar á fresca”

Para máis información, pódese contactar co departamento de Turismo nos teléfonos 881 984 470 e 604 085 520 ou no mail turismoponteceso@ponteceso.net

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso