Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ORDENANZA XERAL REGULADORA DE PREZO PÚBLICOS DO CONCELLO DE PONTECESO

Por providencia da alcaldía incoouse o correspondente expediente para a aprobación DA ORDENANZA XERAL REGULADORA DE PREZOS PÚBLICOS do Concello de Ponteceso para mellorar a organización e funcionamento do mesmo .

O borrador de ordenanza que se adxunta como ANEXO rexe a tramitación e procedemento a hora de establecemento dos prezos públicos, tanto no referido aos aspectos organizativos internos, como as relacións cos beneficiarios das mesmas e os seus dereitos e obrigas.
O informe xurídico da secretaría municipal sinala que o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, establece que previamente á elaboración do proxecto de regulamento realizarase unha consulta pública a través da páxina web municipal para recabar a opinión dos posibles afectados pola norma sobre: os problemas a solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas.
En consecuencia, DISPOÑO:
Que se proceda a publicar na páxina web municipal o correspondente anuncio xunto co borrador do proxecto de ordenanza inicialmente redactado, para que durante un prazo de 10 días hábiles , os usuarios do servizo ou calquera interesado poidan consultalo e presentar suxerencias ou opinións ao respecto, entre outras sobre os problemas que a ordenanza trata de solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, ou no seu caso as posibles solucións alternativas.



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso