Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

AVISO SOBRE A ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CORES NEMEÑO (PONTECESO-A CORUÑA)

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña, informa de que se vai realizar a entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño, Concello de Ponteceso.
Días: 12 e 13 de decembro de 2023
Hora: de 10,00 a 14,00 horas
Lugar: Edificio das Escolas (Ao lado do centro médico).Rúa Teresa Mosqueira Manso Ponteceso


Os títulos poderán ser retirados polos interesados, ou outra persoa no seu nome
presentando o DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario acompañada da copia do seu DNI.

Os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición dos interesadosno Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural(Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 6º andar- A Coruña),dende o día seguinte ao remate da entrega.

Adxúntase o modelo de autorización que deben traer asinado no caso de non poder asistir o titular.



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso