Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

ANUNCIO PARA A VENDA DE MADEIRA

O Concello de Ponteceso conta cun lote de madeira de aproximadamente 200 tn. procedente da realización das tarefas de limpezas de camiños, ríos e outros espazos públicos.
Esta madeira atópase depositada en 3 lugares:
-Avda. Bergantiños (detrás da cafetería Royale Tym)
-Na pista do cruce da Ermida (Corme Aldea)
-Nunha finca municipal na agra de Anllóns (inmediacións da granxa porcina).
Todas aquelas persoas que estean interesadas na súa adquisición, dispón dun prazo de 10 DÍAS HÁBILES, contados dende a publicación deste anuncio na web municipal (22/12/2023), para que presenten a súa oferta económica pola totalidade do lote, a través da sede electrónica do concello.



Descargas asociadas


Concello de Ponteceso