Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Ciclobiblioteca chega ó Concello

O Concello promociona a lectura e o libro entre os máis pequenos

A ciclobiblioteca nun pobo galegoPara continuar promocionando este mes do libro, o Concello de Ponteceso programa para o vindeiro venres 11 de abril, unha visita da ciclobiblioteca ás escolas da localidade (unitarias do CRA, colexio Eduardo Pondal e colexio As Forcadas).

Tentamos así promocionar o libro e a lectura a través da animación con contacontos, obradoiros, xogo.

Ciclobiblioteca é unha biblioteca transportada nunha bicicleta e guiada por un especialista da animación, sorprenderá a todos/as e aportará unha visión divertida e diferente da actividade lectora.

Concello de Ponteceso