O domingo 8 de xullo no Museo de Arte Contemporánea en Corme

Corme acollerá unha conferencia con moitas sorpresas sobre o Títanic, cando
se cumpren cen anos do seu afundimento. Será impartida por un dos homes que máis sabe sobre o buque,
Jesús Ferreiro, Presidente da
Fundación Titanic en España. Ferreiro, nacido en Corme, é un dos responsables da espectacular exposición sobre o Titanic, e foi o
presentador do programa Onda Pesquera. Organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso.