Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Creado o GES de Ponteceso

Ponteceso acollerá este grupo de emerxencia

Protección Civil de Ponteceso intervén nun accidenteO presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o máximo responsable da Fegamp, José Manuel Rey; e os alcaldes das localidades nas que se implantarán os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), entre os que estaba o pontecesán, José Luís Fondo, asinaron hoxe o convenio para a posta en marcha dos novos equipos de emerxencias.
O grupo de emerxencias con sede en Ponteceso contará con 12 efectivos, cunha estrutura profesionalizada e permanente. Os concellos levarán a cabo, en breve, a convocatoria de selección de persoal para, posteriormente, realizar cursos formativos nos parques de bombeiros comarcais. Estes ciclos correrán a cargo do persoal da Academia Galega de Seguridade Pública.

Concello de Ponteceso