Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Campamento de inglés. Emotive camps.

Do 19 ao 30 de agosto

Cartaz do eventoO vindeiro luns 5 de agosto abrirá o prazo para anotarse ao campameto de inglés "Emotive camps" organizado pola Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso e financiado pola Consellaría de Educación e Cultura da Xunta de Galicia.
Emotive Camps é un campamento de carácter gratuíto dirixido, preferentemente, a mozos e mozas de entre 14 e 16 anos (permitirase a inscrición de rapaces de máis de 11 anos de non cubrirse ás prazas) que pretende fometar o uso do inglés, xa que a linguaxe que utilizarán será exclusivamente o inglés, a través de actividades como: a tirolina, escalada, kayak, safaris fotográficos, etc. Transcorrerá entre o 19 e o 30 de agosto, de luns a vernes, e a inscrición estará aberta ata o 14 de agosto.
Puntos de inscrición:
Oficina Municipal en Corme. 981 738 428
Casa do Concello de Ponteceso. 981 714 000. Haberá 20 prazas para mozas e mozas empadroados no Concello de Ponteceso.

Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso