Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Cultura e Deportes :: O.M.I.X

O.M.I.X

Oficina de Información Xuvenil




Finalidade:

É unha estructura de carácter territorial destinada a articular e coordina-los esforzos e iniciativas, promovidos tanto por organismos públicos como por entidades privadas, sen ánimo de lucro, que vaian encamiñadas a prestar servicios de información e asesoramento ós xoves no ámbito da Comunidade Autónoma Galega.

Esta rede está regulada en virtude do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOG nº 49 do 10 de marzo).

Obxectivos:

Asegurar que as prestacións dos servicios de información xuvenil se desenvolvan en condicións axeitadas
Garanti-la difusión de información xuvenil ampla e actualizada en todo o ámbito da Comunidade Autónoma.

Favorece-la implantación dos mecanismos de información precisos para posibilita-la igualdade de oportunidades entre a xuventude galega.

Constituirán a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil tanto os servicios de información e documentación directamente dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, como aqueloutros recoñecidos e rexistrados conforme o disposto neste título.

Horarios:
De Luns a Venres de 09:00h a 14:00h.
T: 981 715 442 F: 981 715 442

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN XUVENIL

Contacto


Concello de Ponteceso