Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Comezo do curso de iniciación software libre

5 de maio

LinuxDará comezo o curso de iniciación ao software libre nas aulas de informática de Corme e Ponteceso. Participan veciños e veciñas do Concello maiores de idade.

Descargas asociadas

Obradoiro de memoria

4 de maio

Taller de memoriaO departamento de servizos sociais do Concello organiza un obradoiro de memoria para persoas maiores de 50 anos. Celebrarase os luns e os xoves de 16:00h a 18:00h, oito sesións, no salón de actos do Concello. Inscricións no Departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 714 000 ext.3.

Contacto

Mes do libro no Concello

Mes de abril

Un libro, un amigoActividades lúdico culturais de promoción á lectura no Concello de Ponteceso. Actuación de contacontos, xornadas de animación cultural e actividade de CicloBiblioteca nos centros escolares.

Contacto


Descargas asociadas

Curso de conducción eficiente

14 de abril

Conducción eficienteCurso de conducción eficiente para conductores e conductoras. Aprende técnicas que che permitan contaminar menos e repetar o medio ambiente. Ao mesmo tempo moi interesante para aforrar gastos no teu vehículo.
Podes apuntarte chamando ao 981 714 622 de 09:00h a 14:00h.

Contacto

II Festa do Pulpo

Do 9 ao 12 de abril

Polbo á feiraCelebración da segunda edición da Festa do Pulpo en Ponteceso. Durante estos días haberá actos musicais e culturais. Na Praza do Relleno en Ponteceso.

Contacto


Descargas asociadas

Roteiro de sendeirismo

21 de marzo

Monte BrancoO primeiro roteiro do programa Ponte a Pé será esta fin de semana, o sábado 21 de marzo.
Os percorridos serán os seguintes:
Ponteceso -Paseo Fluvial –Anllóns -Cardezo
Tallo (castro e torres) – Tella - Ponteceso.
Consultade horarios e información complementaria descargando o ficheiro adxunto.

Contacto

Semana forestal e ambiental no Concello

Do 16 ao 20 de marzo

Un castiñeiroRepartiranse diversas especies de plantas nos colexios do Concello, para que estes realicen actos individuais en cada centro. Alumnos dos colexios participarán na actuación dun contacontos ambiental. Tamén se repartirán árbores pequenas e autóctonas entre os alumnos e alumnas das actividades culturais e deportivas do Concello de Ponteceso e pobación en xeral, dende as oficinas de Corme e a OMIX, ata esgotar existencias.

Contacto

Saída ao palacio de deportes de Riazor

19 de marzo

Escudo do LiceoTodos os interesados en acudir ao partido da Copa do Rey de Hockey entre o H.C Coinasa Liceo e Proinosa Igualada H.C, poden apuntarse no Departamento de Deportes (981 714 000 ext 3) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428). Para maiores de oito anos. Sairemos de Corme ás 17:15h. Apuntarse antes das 13:30h do mércores 18 de marzo.

Contacto

Campionato escolar de judo

28 de febreiro

Cartel do eventoNo pavillón municipal de Corme, celebrarase o Campionato anual escolar de judo da Costa da Morte. Participarán as escolas de judo de Cabana, Camariñas, Muxía e Ponteceso. O evento comezará ás 17:00h.

Contacto

Tramitación do D.N.I

24, 25, 26 y 27 de febreiro

Documento Nacional de IdentidadeDesprázanse ó Concello efectivos da Policía Nacional para que poidas renovar ou solicitar o teu Documento Nacional de Identidade.

Nas dependencias do Concello a partires das 09:00h.

Pedir vez Vía PAD.

 1  2  3  4
Concello de Ponteceso