Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

C. P. Brisas do Mar :: Presentación

Presentación

Coral Brisas do Mar en Getxo















Benvido ao espazo web da Coral Brisas do Mar de Corme

Nace con voces brancas en 1.993; pero convértese en polifónica anos despois ao incorporárselle as voces graves.

Estivo dirixida por Xesús Méndez Torrado e, na actualidade, por Ramón Saleta Neira.

Canta todo tipo de música e ten composicións de seu creadas por Xesús Méndez Torrado.

Na actualidade compóñena 32 voces mixtas repartidas en oito cordas.

ACTUACIÓNS MAIS SIGNIFICATIVAS:

Tódolos Certames de Polifonia Coral organizados polo Concello de Ponteceso e os Festivais de Habaneras e Cancións mariñeiras de Corme.
Asistiu a dous festivais de música sacra en Carballo e un en Pontedeume.
Participou en festivais organizados por Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Baio, Malpica, A Laracha, Corcubión, Cesullas, Fene, S. Pedro de Nós, Oleiros, etc.
Canta as misas en honor a Virxe dos Milagros de Caión
Grabou dous discos de música relixiosa en Pontevedra
Grabou un disco de música profana en Coruña, titulado “A vella chalana”.
Cantou no “XXII Habanera eta itsas Abesti Jaialdia de Getxo-Bilbao.”
Inaugurou o “XX FÓRUM AVINTENSE” na Salâo Nobre da Junta de Fregresia de Avintes-Vilanova de Gaia-Portugal o día 11 /09/2009.
Participou no I Festival de Corais da Costa da Morte , organizado por NERIA o 21/11/2009.
Participou no Festival de Vilancicos Caixanova no Teatro Rosalía Castro de A Coruña o 06/12/2009.
Concello de Ponteceso