Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

A.C.P. San Eleuterio :: Presentación

Presentación

Outro ano máis estamos colaborando co Concello en enriquecer a nosa cultura,programando actividades que nos entreteñan.


Director: D.Xoan Braxe Rabina



Deixándose levar pola maxia da música, e cun espiritu emprendedor, na que se combina ilusión, ganas de traballar e divertirse, un grupo de amigos embarcáronse na aventura dun proxecto novo para a localidade, a creación dunha coral.
Esta idea que formaliza no ano 1999 foinos levando por distintos compromisos, os cales incluen todo tipo de actuacións, dende actos relisioxos como: vodas, festas patronais… a outras menos espirituais como concertos, xuntanzas de corais…

Toda esta andaina foi consolidando a este grupo de amigos, de tal maneira que o proxecto inicial vaise convertendo nunha realidade, véndose na obriga de formar no ano 2003 unha Asociación Cultural, sendo a directora désta a soprano Xulia Cea Cabanelas.
É en éste periodo cando destacamos entre outras moitas actuacións o primeiro festival solidario para os nenos do Sáhara e as súas familias de acollida na Costa da Morte.
Xa no 2005 e baixo a dirección do guitarrista e compositor Xoan Braxe Rabina, (mugardés de nacemento) facendo gala da sua ampla experiencia en dirección coral e xunto cos 22 membros, a asociación camiña por roteiros novos, gracias a ampliación do seu abano de temas, tanto na súa temàtica como nos rexistros musicais (folk, clásico, relisioxo, tradicional) participan en múltiples actuacións e intercambios con outras corais, sen esquencer a organización de eventos como o xa mencionado Festival solidario do Sáhara, chegando así a sua V edicción.
Concello de Ponteceso