Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Emprego :: Presentación

Presentación

Servizo Público de Emprego de GaliciaAxencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL)

O Axente de Emprego ten como obxectivo principal colaborar na promoción e implantación das
políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial,
desenvolvéndose esta colaboración no marco de actuación conxunta e acordada da entidade
contratante e o Instituto Nacional de Emprego.

Servizo de Orientación Laboral

O Concello de Ponteceso dende o ano 2012 forma parte da rede de entidades
colaboradoras, en materia de Orientación Laboral para o emprego, do Servizo
Público de Emprego de Galicia.
As accións do servizo teñen como finalidade facilitar a inserción laboral tanto das
persoas desempregadas como das traballadoras en activo que desexen mellorar as
súas condicións laborais.
Concello de Ponteceso