Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Baile de disfraces en Corme

24 de febreiro

Neno disfrazadoBaile de disfraces no pavillón municipal en Corme. Haberá: xogos populares, baile e karaoke, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, e degustación de chocolate e orellas.
Ás 17:00h.

Contacto

Obradoiro de estimulación cognitiva

Mes de febreiro

Estimulación cognitivaO Concello de Ponteceso, a través do departamento de servizos sociais, organizará un obradoiro de estimulación cognitiva que inclúe as seguintes actividades: taller de memoria, taller de percepción sensorial e taller de creatividade. Será o 9, 10, 16, 19 e 23 de febreiro de 4 a 6 da tarde no salón de plenos do Concello. En Corme-Porto (Clube de Xubilados) será o 9, 11, 16, 18 e 23 de febreiro, no mesmo horario.

Contacto

Desfile de disfraces

22 de febreiro

Peliqueiros de LazaDentro do programa de actos do antroido 2009, o Concello organiza un desfile de disfraces na capital municipal. Haberá: Obradoiro de maquillaxe, pasarrúas a cargo das persoas disfrazadas, desfile por el palco, choclolate roscas e xogos para todos.

Contacto


Descargas asociadas

Comezo de novos cursos de informática

26 e 27 de xaneiro

Teclado dun PCO Concello de Ponteceso organiza dous novos cursos de informática para maiores de 18 anos:
Curso de iniciación á informática.
Curso de iniciación ás bases de datos.
Poden apuntarse a partires do 8 de xaneiro de 2009 no Concello (Departamento de Informática), Oficina Municipal en Corme e vía internet (PAD)

Contacto

R.C Deportivo - Sevilla F.C.

10 de xaneiro

Escudo do Deportivo da CoruñaTodos os rapaces/as de 8 a 18 anos (incluídos) que queiran presenciar o partido de fútbol entre o Deportivo e o Sevilla, deben apuntarse no Departamento de Deportes (981 714 000)(oficinas xerais do Concello en Ponteceso) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428).
Consultar saída dos buses e paradas. Regreso ás 23:30h.

Contacto

Cine de reis

2 e 5 de xaneiro

Cine en reisProxección de cine para todos os públicos en Corme e Ponteceso.
O 2 de xaneiro será en Ponteceso, na Asociación Cultural Río Anllóns.
O 5 de xaneiro será en Corme, no pavillón municipal.
En ambos casos, as proxeccións serán ás 19:30h.

Contacto

Obradoiros de nadal

30 de nadal e 2 de xaneiro

Obradoiros de nadal dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
O 30 de nadal será en Ponteceso na A.C Río Anllóns.
O 2 de xaneiro será en Corme no pavillón municipal.
En ambos casos comezarase ás 10.00h.

Contacto


 1  2  3  4
Concello de Ponteceso