Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

Cabalgata de Reis

5 de xaneiro

Sairá ao redor das 19:00h da escola de Tella, Ponteceso e chegada ao Centro Cultural, onde as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, recollerán as vosas cartas.

Exposición: O cambio climático

Do 5 de decembro ao 9 de xaneiro

Cartaz da exposiciónExposición sobre o cambio climático. De interese para todos os públicos e con elementos lúdico-didáticos que favorecerán a comprensión sobre este gran problema mundial.
No centro cultural en Ponteceso de luns a venres de 9 a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.

Concilia no nadal

Do 3 de nadal ao 5 de xaneiro

Actividades culturais dirixidas a nen@s de 3 a 10 anos do Concello. No Centro Cultural en Ponteceso.

Descargas asociadas

Exposición: Patrimonio marítimo de Galicia

Do 9 de xaneiro ao 9 de febreiro

Cartaz da exposiciónsAo longo dos tempos, en todo o litoral de Galicia téñense desenvolvido actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar. Para pescar, transportar e, logo conservar, foi preciso construír barcos e despois portos para protexelos, así como edificios axeitados para transformar o peixe. Tamén, houbo que concebir aparellos, útiles de traballo e técnicas singulares, axeitados a cada costa e ás tradicións da zona en cuestión. Así mesmo, a casa mariñeira estivo condicionada polo xeito de vida dos moradores, así como polas peculiaridades xeográficas e climatolóxicas da súa localización.
Pero o mar é algo máis que reserva de peixe ou vía de comunicación. Así, por exemplo, para proveito dalgúns muiñeiros, a auga déixase canalizar ata os rodicios dos muiños de maré. Lugar de tráfico, de intercambio, de comercio, o mar é tamén un espacio susceptible de balizar, de vixiar, de protexer. Daquela, foron levantadas fortalezas para defender a beiramar para eventuais agresores; fachos, luces e faros alumearon para clarear as singraduras dos navíos.
Existe, xa que logo, as que se deron en chamar "xentes do mar", que abranguen todas as angueiras relacionadas co medio mariño. E dentro da súa diversidade, teñen regras e leis propias; as súas tradicións e o seu "saber-facer". Ao cabo dos séculos, esta sorte de confraría teceu o seu universo deixando acá e acolá pegadas, discretas ou rechamantes, do seu devir: arquitecturas con ou sen arquitectos (quer dicir, edificios de orixe civil, militar ou popular); as cousas; utensilios; barcos; imaxes; técnicas; toponimias; fala;... Este conxunto, que ben puideramos rotular como "Patrimonio Marítimo", compón un verdadeiro tesouro con múltiples alfaias, case todas ameazadas ao día de hoxe.
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial é a produtora desta exposición.
No Centro Cultural en Ponteceso. De luns a venres de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.

Escola de pais e nais

12 de xaneiro

O 12 de Xaneiro levarase a cabo o 2º obradoiro da Escola de pais e nais, titulado: “Os límites e o castigo”. O obradoiro celebrarase na Fundación Eduardo Pondal do Couto ás 18:00h.

Roteiro de sendeirismo

5 de febreiro

Roteiro guiado polo esteiro do Anllóns da man do Técnico de Turismo, Javier Couto Castro e José Luís Rabuñal. Ás 10.00h. Xornadas con motivo do día mundial dos humedais.

Desfile de disfraces

19 de febreiro

A partir das cinco da tarde. Salida da plaza do Relleno ata o pavillón.

Baile de disfraces

21 de febreiro

Baile de disfraces no pavillón municipal en Corme. A partires das 17.30h.

Día de Rosalía na biblioteca

24 de febreiro

A Biblioteca Municipal celebra o día de Rosalía de Castro con unha morea de activdiades.

Exposición sobre o Prestige

Mes de febreiro

Durante o mes de febreiro o Centro Cultural en Ponteceso acolle unha exposición sobre a catástrofe do Prestige, ao cumprirse unha década do seu afundimento. Poderás visitala de luns a venres de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso