Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

Cine en Ponteceso

3 de xaneiro

Ás 19.00h na Casa da Cultura.

Concilia no nadal

Do 1 de decembro ao 5 de xaneiro

Actividades de conciliación no nadal dirixidas a nenos/as de 4 a 10 anos.

Cabalgata de reis

4 e 5 de xaneiro

A continuación podedes consultar o percorrido que os reis magos farán en tren polas parroquias do Concello. Lembrámosvos que o cinco de xaneiro, ás cinco da tarde, haberá unha gran festa de reis para disfrutar con inchables, xogos, chocolate e roscón. Será no pavillón municipal en Ponteceso.

Descargas asociadas

Homenaxe a Castelao e Fernández del Riego

8 de xaneiro

A Biblioteca Municipal en Ponteceso acolle unha actividade coa escritora Concha Blanco. Consistirá na presentación do libro Castelao da A a Z, no centenario do seu falecemento. Posteriormente, alumnos do IES Ponteceso, traballarán sobre a obra, cun obradoiro, impartido pola propia escritora. Ademáis, en conmemoración co centenario do nacemento de Fernández del Riego, os alumnos lerán textos da súa biografía. Ás 10.30h.

Charla arbitral

12 de xaneiro

O sábado 12 de xaneiro ás 10:00 no Centro Cultural de Ponteceso vai haber unha charla sobre regulamento de Fútbol Sala, aclaracións, novedades, cambios… que impartirá o delegado de árbitros en Coruña Juan Antonio Castiñeiras Pose. Quen queira asistir a mesma está invitado.

Presentación en Tella de Ponte na Fala

13 de xaneiro

A Asociación de Veciños de Tella dará a coñecer o proxecto municipal Ponte na Fala na parroquia. Actuarán os informantes do proxecto na parroquia Jesús Martínez, Angelito de Mato, Juan Bermúdez e Paco Luís Abella. Será no local da Asociación ás 11.30h.

Inicio da Escola Municipal da Terceira Idade

15 de xaneiro

Actividades para a terceira idade. Todos os martes e venres de 16.00h a 18.00h no Edifcio da ESO, terceiro andar.

Exposición Vaidemar

Do 16 de xaneiro ao 8 de febreiro

Na Biblioteca Municipal en Ponteceso. O horario de apertura da mesma é de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.


Descargas asociadas

Presentación do libro "La Cocina de Juan Bautista"

8 de febreiro

Juan Bautista, xerente do Restaurante A Lareira de Baio, presentará na Biblioteca Municipal en Ponteceso, o seu libro La Cocina de Juan Bautista. Presentará o acto Mar Varela (xornalista de Radio Voz). Sortearemos un libro entre o público asistente. Será ás oito da tarde.

Desfile de disfraces

10 de febreiro

Desfile de disfraces en Ponteceso ás 17.00h no pavillón municipal en Ponteceso. Unha gran festa con inchables, orellas e chocolate.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso