Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello

Campamentos de Nadal

Ata o 2 de xaneiro

En Corme e Ponteceso os días: 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e o 2 de xaneiro en horario de 10:30h a 13:00h en Corme, no pavillón, e de 10:30h a 13:00h en Ponteceso no edificio das escolas.

Cine de Nadal

2 de xaneiro

No Edificio das Escolas en Ponteceso. Dirixido a tódolos públicos.

Sábados de conciliación

Ata o 3 de xaneiro

Actividades de conciliación no edificio das Escolas en Ponteceso. Os sábados 13, 20, 27 de decembro e o día 3 de xaneiro.

Reis 2015

4 e 5 de xaneiro

O Concello organizará unha cabalgata por todas as parroquias do Concello o 4 de xaneiro. O 5 de xaneiro ás catro e media da tarde no pavillón municipal en Ponteceso, terá lugar a festa de reis con inchables e xogos para os rapaces. Tamén se ofrecerá unha degustación de roscón de reis con chocolate.

Desfile de disfraces

15 de febreiro

No pavillón municipal en Ponteceso. Ás 17.00h.

Baile de disfraces

17 de febreiro

No pavillón municipal en Corme. Ás 17.30h.

Xoga Judo Zona Costa 2015

7 de marzo

Encontro das Edm de Muxía, Cabana, Camariñas, Coristanco e Ponteceso no pavillón municipal do noso Concello na localidade de Ponteceso. Ás 16.30h.

Tramitación do dni electrónico no Concello

23 e 24 de marzo

O equipo da Policía Nacional trasladarase estes dous días ao noso Concello para a tramitación do dnie.
PRAZAS CUBERTAS

Exposición poesía, pintura e escultura

Do 6 ao 31 de marzo

No Centro Cultural. Biblioteca. Horario en apertura normal do centro.

Exposición O Camiño dos Faros

Do 1 ao 15 de abril

O Centro Cultural de Ponteceso acolle unha serie de fotografías do Camiño dos Faros. Proxecto de dinamazación e de posta en valor do noso patrimonio cultural, medioambiental e turístico.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso